O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
DESCARGAS
LETRAS
CONTACTO






1 ANO SEN TI, 1 ANO CONTIGO

Hai feridas que nin o tempo pode pechar, como a que fai un ano abriuse nos nosos corazóns, cando o noso irmán, amigo e compañeiro Carlos, foi asasinado por un militar neonazi cando acudía a loitar contra o racismo.
Desde entón, do mesmo xeito que algo no noso interior morreu tamén aquel día, naceu un forte sentimento de reafirmación total e inacababel, para loitar ata morrer con todas as nosas forzas contra o fascismo e as inxustizas.


Así deste xeito, o antifascismo madrileño está máis unido e organizado que nunca.
Basta con observar como todos os días 11, non faltan flores novas no lugar onde caeu o noso compañeiro.
Do mesmo xeito, grupos antifascistas ho
menaxeáronlle cada día 11, atacando as sedes, os símbolos, e a l@s cómplices que se mancharon as mans co sangue valente de Carlos.

Manifestación Antifascista: Carlos, irmán, nosoutr@s non esquecemos. 1 ano sen tí. Así, grupos políticos como Democracia Nazi-onal, que foron quen convocaron a manifestación racista á que acudía Josue Estébanez de la Hija, quen asasinou ao noso irmán cando acudía a impedir tal acto impermisibel, así como todas as agrupacións de extrema dereita, recibiron unha resposta contundente cada vez que ousaron volver dar un paso nunhas rúas que deben estar vetadas para el@s.
E nin o lugar, nin o escaso tempo de antelación co que anunciaron os seus actos (ás veces con tan só un día), nin as súas tretas, nin os desp
regamentos policiais, foron capaces de evitar que a rabia antifascista responda sempre.



Carlos, un mozo de 16 anos, unha mañá de domingo decidiu que non valía quedar en casa, cando na rúa había algo que o seu deber moral obrigáballe a facer. Por iso, agora máis que nunca debemos honrarlle seguindo o seu exemplo, saíndo á rúa avivando a chama da loita.

Deixando ben claro que nunca conseguiron nin conseguirán matalo, pois o seu corazón latexa con forza en todos nos. E que cada vez que salgan á rúa, aí de fronte atopáranse con nosoutr@s, decididos, imparables, e dispost@s a todo, para acabar co fascismo dunha vez por todas.

Porque aquel fatídico 11 de novembro tocaron teito, porque teñen que agocharse como as ratas que son, desde aquel día triste.

Agora é o momento, e é deber de tod@s, saír á r
úa a combater contra o fascismo sen pedir nin dar cuartel.
Porque contra os nazis non hai tregua.

Carlos, prometémosche alí onde esteas que non pararemos de loitar ata o último alento, e que o teu rostro contemplase riseiro como Madrid é e será a tumba do fascismo.

A MELLOR HOMENAXE, CONTINUAR A LOITA






Ver todas as noticias da páxina
ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com