O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
DESCARGAS
LETRAS
CONTACTO






O GRUPO

Mencer Vermello nace no ano 2004 en Ferrol(Galiza), cando catro traballadores decidimos xuntarnos e formar un grupo de música. Ao comezo tiñamos claro dúas cousas: unha era que queríamos ser un grupo comprometido coa realidade social na que nos tocara vivir e outra, era facer a música que a todos nos gustaba e escoitabamos, o punk, o oi e o ska.


Facer o mapa máis grande

Influenciados polo carreiro deixado por grupos como Xenreira ou Kortatu, puxémonos mans a obra e bautizamos ao grupo co nome de guerra de Mencer Vermello. Rápidamente puxémonos a compoñer e sacar algunha versión ou adaptación á “galega”. Tras longos meses de ensaios damos o salto aos cenarios cun primeiro concerto bastante satisfactorio ao cal lle seguirían outros concertos repartidos pola xeografía galega nos que, pouco a pouco, fumos avanzando e madurando tanto a nivel musical coma nas nosa letras.


Desde o principio definimos a nosa música como Rock Proletario Galego, e hoxendía formamos parte do Rock Proletario Internacional, canle de expresión a nivel internacional das ideas englobadas dentro desta corrente cultural. E facemos nosas as súas ideas.

As nosas composicións son monolinguisticas. A nivel de grupo considerabamos que o galego é o veículo perfecto no que realizar a nosa música. Sempre o tivemos claro, tiñamos que afastar a idea xeralizada de que só os grupos de música tradicional cantaban en galego, tamen outras músicas tiñan que soar na nosa lingua. Para nos é posible, aqui e agora, facer música nacionalista, de esquerdas, galega e en galego.

No ano 2006 sacamos a rúa unha demo en directo de cinco temas gravada en decembro de 2005 en Santiago DC, nun concerto a prol da selección galega de fútbol. Ademais, grazas a esta gravación, formamos parte dun recopilatorio editado por Siareiros Galegos. A partir de ahí, comezamos a tocar con máis asiduedade e en distintos lugares, incluso fóra da patria, como en Orereta, Guadalajara ou Madrid.

En abril de 2008 publicamos o noso primeiro traballo, KPACHbIN PACCBET. Gravado nos estudios Treboada da Coruña a finais de 2007 por Paco Liaño, e posteriormente publicado por Mai Morirem e Redstar73 records. Dez temas con moita rabia e forza.

En setembro de 2008 súmase un novo guitarra ao grupo, quedando a formación en dúas guitarras, baixo, batería e voz.

Durante o ano 2009 participamos en diversas xornadas como en Lugo apoiando á xente que está pola defensa do parque de Rosalía, na Coruña e en Ferrol para Ceivar, en Vigo para Semente Vermelha, en Santiago para Siareiros Galegos así como tamén fomos tocar ao Combat Rock 2009 que se celebrou en Sabadell.

En decembro de 2009 participamos no recopilatorio United Skins e en xaneiro de 2010 sacamos a rúa o noso segundo cd "Novas Batallas" que presentaremos ao longo do 2010 nas distintas vilas e cidades do país.

Saúde e Patria !

Mencer Vermello





Ver todas as noticias da páxina
ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com