O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
DESCARGAS
LETRAS
CONTACTO






NÚCLEO TERCO: A COMISIÓN DA ESTACA

A partir do vindeiro mes de marzo, os camaradas Núcleo Terco terán na rúa o seu novo traballo, A comisión da estaca.

O mes de Marzo de 2008 é a data na que verá a luz o novo traballo de Núcleo Terco, titulado “La comisión de la estaca”. A comisión da estaca foi unha organización obreira galega, clandestina, que operou a principios-mediados dos 70. O clima político e social de Galiza podería gardar certos símiles coa realidade de hoxe en día, a crise no sector laboral desencadeou folgas nunha sociedade inmersa nos derradeiros coletazos dunha feroz dictadura fascista. Non había sindicatos de clase, non existía partido que representase aos traballadores, e foi a iniciativa de persoas dispostas a todo quen creou a comisión da estaca. Unha comisión que xurde como resposta ás humillacións diarias do proletariado, unha resposta á prepotencia dos esquirois, os falsos compañeiros, os trepas e os patróns. Se ben, a súa vida foi curta, a causa da integración dos seus membros noutras organizacións; quedámonos co seu exemplo, un traballador con conciencia de clase no seu centro de traballo, é a mecha que prenderá a chama. No canto ao contido do disco, 14 temas novos e a recuperación do tema xa publicado na maqueta “Stalingrado 1943”, “Comparte el dolor”. Un avance cualitativo no musical, con temas máis elaborados, moita máis forza e un son máis compacto é a primeira impresión. As letras dos temas, non baixaron o listón, emanan forza obreira, desde os temas basados en feitos históricos, “La larga marcha” sobre a heroica xesta do pobo Chino, “Acción de castigo” sobre a loita dos guerrilleiros antifascistas… até os máis actuais, os que tratan o noso día a día, “El mejor de los mundos posibles”, “…mal acaba” contra a ambigüedade e o cinismo, ou “Muertos sin nombre”, tema brutal sobre os accidentes de traballo, ou o que da título ao disco “La comisión de la estaca”, do que se inclúe unha versión en galego. Sabemos que a espera foi longa, tamén para nos, non obstante, cremos que valeu a pena. Agardamos que vos faga sentir toda a rabia e a forza que pretendemos transmitir con él.

Un saúdo proletario.

Núcleo Terco.


Máis información e pedidos en:

Mai Morirem
Redstar73 Records
Núcleo Terco





Ver todas as noticias da páxina
ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com