O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
DESCARGAS
LETRAS
CONTACTO





SUSO VAAMONDE

CANDO ME FALAN DE ESPAÑA...
Recollemos aquí unha ligazón a un artigo adicado á vida e á obra de Suso Vaamonde publicado fai hoxe un ano na web Estoutras Notas Políticas.

O artigo fala do Suso músico e ademáis do Suso loitador: "Afortunadamente algúns entenden a música como algo alén do simples purismo musical, teñen na música unha ferramenta de luita. Luita por este País, luita Internacionalista, luita polas clases traballadoras...O Suso era un destes". Engádese tamén unha entrevista.

Non deixedes de ler este artigo sobre Suso Vaamonde, que como dixo no seu tempo o gran político e poeta Manuel María foi a "Persoa máis representativa na historia da música do noso país".


Artigo de E.N.P.: Suso Vaamonde, cando me falan de España...


Fixéronlle, como era de agardar, moitas homenaxes, como a de Salvaterra do Miño co gallo da inauguración dunha rúa co seu nome, pero houbo unha moi especial, a que lle fixeron o 12 de novembro do ano 99, tamén en Salvaterra do Miño, e na que el mesmo participou. Tomaron parte naquela homenaxe A Quenlla, Muxicas, Bieito Romero (Luar na Lubre), Emilio Cao, Uxía Senlle, Tino Baz, Saraibas, As Cantareiras do Berbés, María Manuela, A Roda, X.L. Méndez Ferrín, Bernardino Graña, A Roda, Pilocha, Treixadura, Folia do Baixo Miño, Pepe Cácamo e moitos outros.


Podedes escoitar de seguido, Como un irmao che falo, tocada aquela noite por A Quenlla. O son non é moi bo xa que é unha gravación orixinal daquela noite.





E como non, o Suso solidario, o Suso reinvindicativo percorrendo todo o país. Aquí o tedes na nosa cidade, alá polo ano 85 no pavillón da Malata, no Festival de Solidariedade cos Traballadores de Astano.


Desde aquí, a nosa pequena homenaxe a esa gran persoa, a ese gran músico, a ese gran loitador que foi Suso Vaamonde.




Ver todas as noticias da páxina
ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com