Esta Rede responde á necesidade de dar cumprimento ao mandato da Asemblea plenaria do Encontro Mundial de Intelecuais e Artistas na Defensa da Humanidade, celebrada en Caracas o día 6 de dezembro de 2004, que congregou a representantes de 52 países e diversas culturas.
Nesta Asemblea coincidiuse en facer unha ofensiva mediante accións concretas de loita, entre as que se atopan, crear unha rede de redes de información, acción artística cultural, coordenación e movilización que vincule a intelectuais e artistas cos Foros Sociais e as loitas populares e garante a continuidade destes esforzos e a súa articulación nun movemento internacional "Na defensa da humanidade".

Nesta web podedes atopar centos de cancións revolucionarias coas súas letras, música e partituras. Tamén ofrecen poesía, noticias, artigos, software e outras moitas cousas de interese.