trapallada.f. 1. Cousa mal feita, sen coidado nin arte. Vaia trapallada que fixeches. SIN. chafallada, chambonada, marfallada, trangallada, zarangallada, zarapallada. 2. Conxunto de cousas sen valor. ¡Canta trapallada hai neste cuarto! Pero non, TRAPALLADA é un grupo galego do barrio coruñés de Monte Alto que veñen tocando dende fai xa mais de tres anos e facendo un Ska Punk do mellor que se pode escoitar hoxe en día no noso país. Coas ideas moi claras, como se pode observar nos seus temas propios, como Palestina ou Revoltate. Demostran que se pode mesturar perfectamente a música coas ideas e coa festa. Se tedes a oportunidade de velos en directo, sen dubida, non a perdades, non vos arrepentiredes. Na actualidade conforman o grupo: Jorge (Voz e guitarra) Marcial (Guitarra) Rafa (Batería) Pedro (Baixo) Inés (Trompeta)Compañeiros nosos en varios concertos como na Coruña, Ferrol ou Ourense. 
Podedes visitar a súa páxina web www.trapallada.tk ou a súa páxina de descargas, onde poderedes descargarvos algunha das súas cancións, baixarvos fotos, escribirlles algo no seu libro de visitas, ver as súas ligazóns e moitas outras cousas. Trapallada: música, loita e festa asegurada.
|