NUCLEO TERCO
O Rock Proletario, entendido como corrente cultural definida para servir aos intereses da nosa clase.
Esta tendencia musical ten como elementos fundamentais o rock, como canle de expresión, nas suas variantes máis anti-comerciais e populares (punk, oi!, hard core, etc...) e os valores que transmite maioritariamente nas suas composicións son a defensa dunha posición consciente de clase.

O Marxismo-Leninismo é a guia doutrinaria teórica dos grupos ligados a esta tendencia, rexeitando seguir un camiño revisionista (incluindo aos partidos eleitoreiros), trotskistas, niilistas, autodestructivos, etc... Non desprezamos a quen o faga, simplemente non o compartimos.
Dentro da nosa corrente ou tendencia cultural asumimos as distintas familias teóricas encadradas no marxismo-leninismo. Emprender unha via hoxista, maoista, etc... é decisión de cada grupo. Non criaremos controversía neste ponto. Ao contrario, fomentarase a discusión sá e a confrontación de ideas xa que o que nos une é moito máis que o que nos separa. As posicións dogmáticas pechadas, por ser contrarias ao materialismo dialéctico, por ser mecanicistas e anticientíficas deberán ser evitadas no posíbel.
Os grupos expresaranse na lingua que considera acaída á propagación da sua mensaxe. Tentaremos, no posíbel, criar un espazo común en internet e ir máis alá nas nosas relacións. Porén, cada grupo mantera a sua independencia de actuación no tocanto ao seu funcionamento.
A ACTUACIÓN DE CADA GRUPO, POR SER INDEPENDENTE, NON COMPROMETE EN NADA AOS DEMAIS.
De todos xeitos, aqueles que se vexan identificados co ROCK PROLETÁRIO como a definición da sua disciplina cultural terán que ser conscientes de que representan nos seus actos ao proletariado consciente e, xa que logo, mália non ter que render contas orgánicamente se que son subsceptíbeis de ser analizados polo resto dos grupos.
Agardando a vosa aportación recibide un saúdo puño en alto.
|